Actividades de Abril a Xuño de 2018

Big image



Están abertas as incricións para as próximas actividades do Botánico de Montealegre. Se queres participar é preciso que te inscribas no formulario que hai ao final desta páxina xa que contamos con prazas limitadas.

Para o público adulto:

- Mindfulness en ámbitos sociosanitarios:
Día e hora: 21 e 28 de abril ás 10 da mañá (é preciso a asistencia ás 2 sesións).
Aproveitando que a contorna de Montealegre é un lugar ideal para o mindfulness e a aprendizaxe e práctica da atención plena pola súa riqueza natural, ofrecésenos a oportunidade de impartir unha formación aos interesados nesta disciplina.
Aínda que a actividade é aberta, está enfocada a persoal sociosanitario de cara a súa mellora profesional.


- Obradoiro de consumo responsable:
Día e hora: 2 de xuño ás 17:00 horas.
O obradoiro contará con dúas dinámicas de grupo ("Que precisas do que mercas?" e “A historia das cousas”) para achegar o consumo consciente aos particpantes dun xeito práctico.


- Obradoiro de alimentación ecolóxica e saudable:
Día e hora: 9 de xuño ás 17:00 horas.
Falaremos da dieta sustentable, a comida Km0, como ecoller a nosa comida, e pautas para unha alimetación máis consciente. Tamén se levará acabo unha dinámica na que se analizará en conxunto a alimentación de dúas familias dende o punto de vista da sustentabilidade.



Para o público infantil:


- Obradoiro de comedeiros para paxaros (+3 anos):
Día e hora: 29 de abril ás 11h
Realizaremos comedeiros para paxaros reciclando botellas PET.

- Obradoiro de bombas de sementes (todos os públicos):
Día e hora: 13 de maio ás 11.00 horas.
Elaboraranse bombas de sementes mediante o método de Masanobu Fukuoka.

- Artistas do clima (+5 anos):
Día e hora: 27 de maio ás 11h
Explorarase o concepto de cambio climático mediante a expresión artística.

- Coñecendo os ecosistemas (+5 anos):
Día e hora: 3 de xuño ás 11:00 horas.
Mediante unha serie de xogos educativos, achegarase aos cativos ao coñecemento dos ecosistemas, o seu funcionamento e a sua importancia.

- Aprendendo sobre a enerxía (+3 anos):
Día e hora: 10 de xuño ás 11:00 horas.
Durante esta actividade elaboraranse: Un muíño de vento para explicar a enerxía eólica, un muíño de auga, coa mesma finalidade e unha “placa” solar para explicar a enerxía solar.

- Obradoiro de reciclaxe de papel (+3 anos):
Día e hora: 24 de xuño ás 11:00 horas.
Os cativos poderán coñecer todo o proceso do recilado do papel a través da súa elaboración.


Inscrición na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/ZSZTBBVbpkjYSnbd2

As prazas entreganse por orde de inscrición.
Avisarase por email aos participantes uns días antes da actividade, tanto se están admitidos ou en listaxe de espera.
Para aclarar dúbidas ou calquera outra cuestión podes escribirnos a .(JavaScript debe estar activado para ver esta dirección de email)


Comentarios: 0Comente esta noticia

Publique un comentario




Mejoras de sistema

Noticias más vistas

Últimos comentarios