Actividades de Febreiro a Marzo de 2019

Big image

Están abertas as incricións para as próximas actividades do Botánico de Montealegre. Se queres participar é preciso que te inscribas no formulario que hai ao final desta páxina xa que contamos con prazas limitadas.

Para o público adulto:

- Obradoiro de Compostaxe na casa:
23 de febreiro ás 16h.
Actividade dirixida a adquirir os coñecementos necesarios para comezar a compostar na casa.

- Obradoiro de Plantas invasoras de Galicia:
23 de marzo ás 16h
Nesta actividade falaremos sobre que son as plantas invasoras, que plantas invasoras existen en Galicia e os impactos ecolóxicos e paisaxísticos que provocan.


Para o público Infantil:

- Obradoiro de Papiroflexia de animais (+5 anos):
24 de febreiro ás 11h
Os activos aprenderán a facer figuras de animais paso a paso con papel. Cada participante poderá levar as figuras para casa.

- Entroido: Caretas de animais (+ 3 anos):
3 de marzo ás 11h.
Realizaremos un obradoiro para crear caretas de animais entre os exemplos que se propoñen. Cada participante poderá levar o seu traballo para casa.

- Día da Auga: Experimentando coa auga (De 6 a 10 anos):
24 de marzo ás 11h
Por mor do día da auga que se celebra o 22 de marzo, neste obradoiro poñeremos en valor A Auga, realizando unha serie de experimentos para explicar fenómenos como o ciclo da auga, a densidade, etc.

- Día da árbore: Coñece as árbores do Parque (+ 7 anos):
31 de marzo ás 11h
Por mor do día da árbore que se celebra o 21 de marzo, este obradoiro consistirá en facer un percorrido polo recinto coñecendo as principais árbores que podemos atopar dentro do Parque. Por cada árbore estudiada, realizaremos unha ficha para que os participantes poidan levar para súa casa.

Inscrición na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/KENK46Ix1fIEZY6u1

As prazas entreganse por orde de inscrición.
Avisarase por email aos participantes uns días antes da actividade, tanto se están admitidos ou en listaxe de espera.
Para aclarar dúbidas ou calquera outra cuestión podes escribirnos a .(JavaScript debe estar activado para ver esta dirección de email)

Comentarios: 0Comente esta noticia

Publique un comentario




Mejoras de sistema

Noticias más vistas

Últimos comentarios