Actividades de Setembro a Decembro de 2018

Big image

Están abertas as incricións para as próximas actividades do Botánico de Montealegre. Se queres participar é preciso que te inscribas no formulario que hai ao final desta páxina xa que contamos con prazas limitadas.

Para o público adulto:

- Setas Comestibles de Galicia:
5 de outubro ás 17h.
Actividade dirixa a coñecer as setas comestibles da nosa contorna.

- Obradoiro de cosmética Natural:
6 de outubro ás 16h
Nesta actividade adentraremonos no mundo da cosmética natural e caseira. Realizaranse dúas recetas que os participartes levaran para casa.

- Obradoiro de Residuo Cero:
20 de outubro ás 16h
O movemento residuo cero estase impoñendo en todo o mundo gracias a grande reducción que podemos facer do noso impacto ambiental. Achégate se queres coñecer os principios e técnicas deste movemento para aplicalo na túa e ter unha vida máis lixeira. Realizaremos unha bolsa de tela aproveitando unha camisola.

- Obradoiro de Sementeiros:
24 de novembro ás 16h
Coñeceremos como realizar sementeiros na casa de forma sinxela e aproveitando materiais para poder ter os nosos propios cultivos. Realizaremos sementeiros con sementes de tempada que os particpantes levarán para a casa.

Para o público Infantil:

- Exploradores de Montealegre (+7 anos):
7 de outubro ás 11h
Os activos sumerxeranse nunha aventura de descubrir un novo mundo como se fosen exploradores botánicos.

- Samaín: decora a túa cabaza
28 de outubro ás 11 e ás 16
Realizaremos un obradoiro para decorar as cabazas típicas desta festividade.

- Xogos do Magosto (+5 anos):
18 de novembro ás 11h
Levaremos a cabo unha serie de xogos relacionados co Magosto onde a finalidade é aprender sobre esta tradición e divertirse.

- Figuras de Nadal con pasta de sal
16 de decembro ás 11h
Moldearemos figuras relacionadas co Nadal a partir de pasta de sal que nos mesmo crearemos durante a actividade. Cada participante poderá levar o seu traballlo para a casa.


Inscrición na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/t12hUcSLnEEl4EgP2

As prazas entreganse por orde de inscrición.
Avisarase por email aos participantes uns días antes da actividade, tanto se están admitidos ou en listaxe de espera.
Para aclarar dúbidas ou calquera outra cuestión podes escribirnos a .(JavaScript debe estar activado para ver esta dirección de email)

Comentarios: 0Comente esta noticia

Publique un comentario




Mejoras de sistema

Noticias más vistas

Últimos comentarios