Actividades Febreiro e Marzo 2018

Big image

Xa están aquí as novas actividades do Botánico!

Se queres participar é preciso que te inscribas no formulario que hai ao final desta páxina xa que contamos con prazas limitadas.

Para o público infantil:

● Entroido: pintacaras de animais. 11 de febreiro de 2018 ás 11 da mañá.
Transformaremos aos cativos en animais mediante pintura facial.


● Día da árbore: Adopta unha árbore 4 e 18 de marzo ás 11 da mañá. (de 3 anos en diante)
A actividade desenvolverase en 2 sesión en días diferentes:
- Na primeira sesión explicarase aos nenos e ás familias en que consistirá a actividade, así
como a importancia das árbores. Despois da introdución farase un percorrido polo
parque para que cada neno escolla unha árbore que lle guste e que desde ese momento
deberá velar porque estea coidada. Marcaranse as árbores seleccionadas polos nenos.
- Na segunda sesión farase un breve recordatorio da anterior e procederase a entregar
unha placa identificativa para colocar xunto á árbore “adoptada” por cada neno. Esta
placa terá o nome do cativo e mais o nome da árbore. Tamén se entregará un
documento acreditativo cos datos do adoptador, coa arbore identificada e as súas
características e coidados

● Día da auga: Científicos da auga. 25 de marzo ás 11 da mañá. (De 6 a 10 anos)
Por mor do día da auga que se celebra o 22 de marzo, pretendese achegar aos cativos o
coñecemento deste elemento fundamental para a vida.
Mediante a elaboración dunha serie de experimentos explicaranse cousas como o ciclo da auga,
a filtración e outros fenómenos da natureza.


Para o público adulto:

● Descifrando o recibo da luz cara o aforro enerxético. 24 de frebreiro ás 17:00.
Mediante este taller preténdense ademais facer comprender o funcionamento do sector
eléctrico, como se pode empregar enerxía renovable no noso fogar e que pautas debemos seguir
para non desbotar enerxía.

● Agricultura ecolóxica na túa horta. 10 de marzo ás 17:00
Nesta actividade aprenderemos:
- Que é a agricultura ecolóxica e cales son os seus principios?
- Vantaxes de agricultura ecolóxica.
- Como aplicar os conceptos ao noso horto.

Inscrición na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/k2GvcwnxnqSEWFtC3

As prazas entreganse por orde de inscrición.
Avisarase por email aos participantes uns días antes da actividade, tanto se están admitidos ou listaxe de espera.
Para aclarar dúbidas ou calquera outra cuestión podes escribirnos a .(JavaScript debe estar activado para ver esta dirección de email)

Comentarios: 0Comente esta noticia

Publique un comentario




Mejoras de sistema

Noticias más vistas

Últimos comentarios